OFICINA DE APOIO A EMPRENDEDORES PARA A MADURACIÓN E O DESENVOLVEMENTO DE NOVAS IDEAS DE NEGOCIO E IMPLANTACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

OFICINA DE APOIO A EMPRENDEDORES PARA A MADURACIÓN E O DESENVOLVEMENTO DE NOVAS IDEAS DE NEGOCIO E IMPLANTACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativa de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5., Prioridad de investimiento 8.2 Obxectivo específico 8.2.4., Medida 8.2.4.2.

Xa desde o ano 1997 a UE nas súas distintas estratexias de emprego sitúa como un elemento fundamental o fomento da cultura de empresa, e do emprego autónomo, para alcanzar o pleno emprego na sociedade galega e europea. Na estratexia de emprego Europa 2020 para España, que se acorda anualmente entre o goberno español e a Comisión Europa, e no Plan Nacional de Reformas que se elabora entre as dúas partes márcase como obxectivo garantir unha contorna favorable aos emprendedores, facilitando o inicio e o desenvolvemento de proxectos empresariais e apoiando a súa internacionalización. Unha contorna favorable para facilitar a creación, o crecemento empresarial, e en definitiva, o emprego comprende: a facilitación da creación de empresas, asegurar
que estas poden crecer plenamente tanto no ámbito nacional como no do Espazo Económico Europeo e fomentar a súa internacionalización.
É neste contexto no que a nosa asociación empresarial vai poñer en marcha por segundo ano consecutivo nas nosas 4 sedes (desde as cales nos permite atender as demandas de información, asesoramento e formación, de calquera cidadán interesado en montar o seu propio negocio) unha oficina de apoio a emprendedores para a maduración e o desenvolvemento de novas ideas de negocio. Este proxecto está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e conta co apoio financeiro do Fondo Social Europeo.

Por parte da nosa entidade hai unha ampla experiencia no asesoramento a novos emprendedores que desexan crear unha empresa no sector do transporte de mercadorías, asesorándoos nos requisitos legais para o acceso ao mercado e á profesión, así como das obrigas fiscais e laborais que teñen que cumprir, aconsellándoos de que forma xurídica lles compensa máis para constituír a sociedade, e as bonificacións que poden ter por parte da seguridade social, e as axudas a autónomos da Consellería de Traballo e Benestar. Así mesmo, se así o desexan facémoslles todos os trámites para a constitución da sociedade, e a solicitude das autorizacións de transporte.

Desde este a oficina en cada unhas das sedes vanse desenvolver as seguintes funcións:

• Asesoramento aos novos emprendedores:

O primeiro paso cando se quere montar unha empresa é a maduración da idea de negocio e comprobar a viabilidade do mesmo. Así os nosos técnicos e os traballadores contratados ao abeiro dos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia, axudaran aos novos emprendedores a concretar o seu proxecto empresarial, así como á realización do plan de empresa, para comprobar a súa viabilidade e ver cal é o financiamento que precisan para levalo adiante.

Unha vez que teñan redactado o plan de empresa, e que este sexa supervisado polo persoal de APETAMCOR, para comprobar a súa fiabilidade e adecuación á realidade, comezaríamos co segundo paso, que é ver a forma xurídica que mellor se vai adecuar ao seu proxecto de empresa, informalos e asesoralos en materia laboral e fiscal, para ver os distintos pasos que teñen que dar diante das distintas administracións para a constitución da mesma, así como as posibles bonificacións ás que poden ter dereito. Finalmente e non menos importante é comprobar o financiamento que precisan para levar adiante o proxecto. e ver así por unha bandas as distintas axudas públicas ás que poden optar en función diso (Consellería de Traballo, IGAPE, etc.) e ver as distintas opcións de financiamento privado como poden ser os créditos ICO ou a procura de socios, como poden ser os coñecidos como bussiness angels que aportan capital e coñecemento e experiencia empresarial ás start-up, entrando no seu accionariado.

A nosa entidade conta cun departamento especializado en internacionalización de empresas, para dar apoio a aquelas novas empresas e emprendedores que así o desexen, para entrar en novos mercados, ben individualmente ou en colaboración con outras PEMES. Informándoos das axudas existentes a día de hoxe para internacionalizar un negocio, e das obrigas legais que teñen para instalarse no país ou países nos que se queiran instalar ou exportar os seus produtos.

Outra das accións que se vai levar adiante é o asesoramento en materia de novas tecnoloxías estudando as futuras necesidade que vai ter o futuro empresario nesta materia. Hai que ter en conta que a nosa entidade ten ampla experiencia no sector do transporte implantando sistemas de descarga de datos do tacógrafo dixital da frota de camións dos nosos asociados, e a implantación de sistemas GPS, de control das mesmas, posibilitando isto, saber onde se atopa cada veículo, e reducindo os custes como consecuencia diso.
Por tanto, desde APETAMCOR asesoraramos aos emprendedores, e mesmo a empresas xa consolidadas sobre a implantación das novas tecnoloxías, tanto no campo da ofimática e programas de xestión da empresa, como sistemas máis complexos como son os sistemas de descarga e análise de datos dos tacógrafos dixitais.

• Formación a novos emprendedores:
A outra liña que vai levar adiante esta oficina de apoio aos emprendedores vai ser a formación, para que poidan levar a bon porto a súa negocio. Desde a nosa entidade vanse organizar os seguintes seminarios formativos entre outros:
• ATITUDE EMPRENDEDORA E OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
• PROXECTO E VIABILIDADE DO NEGOCIO OU MICROEMPRESA
• MARKETING E PLAN DE NEGOCIO DA MICROEMPRESA
• DIRECCIÓN DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL DE PEQUENOS NEGOCIOS OU MICROEMPRESAS
• COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS E SERVIZOS EN PEQUENOS NEGOCIOS OU MICROEMPRESAS
• POSTA EN MARCHA E FINANCIAMENTO DE PEQUENOS NEGOCIOS OU MICROEMPRESAS
• XESTIÓN CONTABLE, FISCAL E LABORAL EN PEQUENOS NEGOCIOS OU MICROEMPRESAS
• XESTIÓN DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN PEQUENOS NEGOCIOS