Recórdase a obrigatoriedade de levar a bordo do camión o CERTIFICADO DE ACTIVIDADES debidamente cuberto, para todos aqueles condutores que durante eses días pasados estiveron parados sen actividade, debido aos festivos da Semana Santa.
En concreto, e de forma xeral, aqueles condutores que acumulen máis de 3 xornadas (períodos de 24 horas) consecutivas sen actividade, por tanto sen actividade rexistrada no tacógrafo analóxico e/ou dixital, e non leven o certificado de actividades no camión xuntamente cos discos dos 28 días anteriores poderán ser sancionados en estrada cunha sanción que ata 2.001 €.
Nesta web de Apetamcor podes descargar directamente o modelo normalizado do referido certificado. Fai clic aquí.
INSTRUCCIÓNS A SEGUIR CO CERTIFICADO DE ACTIVIDADES
- Deberá utilizarse o modelo normalizado, que podes descargar da web de Apetamcor.
- Deberá levarse a bordo no camión xuntamente cos discos-diagrama.
- Só é válido o orixinal asinado por empresa e condutor antes do inicio da viaxe.
- Os campos do formulario deberán ser cubertos a máquina (ou computador).
- En calquera das linguas oficiais da Unión Europea.
- Os condutores autónomos tamén teñen que utilizar o impreso.