PLATAFORMA GALEGA POLA DEVOLUCIÓN DO CÉNTIMO SANITARIO AO TRANSPORTE

Tras a publicación da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea o pasado 27 de febreiro de 2014 que declara a ilegalidade do Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos (IVMDH), denominado coloquialmente “céntimo sanitario”, ábrese a porta definitivamente ao proceso de reclamación de devolución deste imposto.

Ademais, dita sentenza de 27 de febreiro é moi satisfactoria para o sector do transporte porque, ademais de concluír que o IVMDH é contrario a dereito por vulnerar a Directiva comunitaria sobre Impostos Especiais, tamén recolle literalmente que non procede limitar no tempo os efectos da mesma tal como solicitou o Goberno español, ao entender o Tribunal de Xustiza da UE que o Goberno non actuou de boa fe ao manter o IVMDH en vigor durante un período de máis de dez anos, non atendendo ás advertencias que desde a Comisión Europea se lle trasladaron sobre a posible ilegalidade do imposto en varias ocasións.

 

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN DE DEVOLUCIÓN DO IVMDH

Unha vez publicada a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE, FENADISMER (federación na que APETAMCOR está integrada a nivel estatal) renovou o acordo co gabinete xurídico ERNST & YOUNG (EY) para a tramitación das reclamacións co obxecto de que o custo de ditos servizos xurídicos sexa o máis baixo posible.

O procedemento efectuarase a través de dúas reclamacións diferentes:

1ª) RECLAMACIÓN POLA VÍA DOS INGRESOS INDEBIDOS PARA A DEVOLUCIÓN DO IMPOSTO IVMDH ILEGAL SOPORTADO NAS FACTURAS DE CONSUMOS DE CARBURANTE PERTENCENTES AOS TRIMESTRES NON PRESCRITOS FISCALMENTE (a esta altura, para quen non reclamou aínda, reclamaríase por esta vía o último trimestre de 2010, e completos 2011 e 2012)

2ª) RECLAMACIÓN DO IMPOSTO IVMDH ILEGAL SOPORTADO NAS FACTURAS DE CARBURANTE PERTENCENTES AOS TRIMESTRES XA PRESCRITOS (desde 2002 ata 2009 cando menos) POLA VÍA DA RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DA ADMINISTRACIÓN (PRAZO: ATA 27/02/2015).

 

1ª RECLAMACIÓN VÍA INGRESOS INDEBIDOS: TRIMESTRES FISCAIS PRESCRITOS

Os transportistas que desexen presentar esta 1ª reclamación deberán facilitar a APETAMCOR a seguinte documentación:

  • Facturas de consumo de carburante dos trimestres aínda non prescritos desgrapadas e ordenadas por datas, incluídas as follas onde figure en que gasolineiras se repostou (é suficiente con aportar copias). No seu defecto, tamén serían válidas certificacións de consumo dos provedores de carburante para ese período.
  • Fotocopia do DNI en caso de autónomo e, en caso de sociedade, escrituras con poder de representación, CIF e DNI do representante legal.
  • Poder notarial, que se deberá formalizar a favor de APETAMCOR e FENADISMER.

Esta reclamación efectúase en por vía administrativa ante a Axencia Tributaria.

 

2ª RECLAMACIÓN VÍA RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL: EXERCICIOS FISCAIS XA PRESCRITOS

Por este procedemento pódense reclamar todos os anos de vixencia do imposto, isto é, desde o seu inicio en 2002 ata 2012, pero loxicamente non poderá reclamarse o importe correspondente aos períodos que se tiveran reclamado pola vía de devolución de ingresos indebidos ante a Axencia Tributaria e que non fose desestimado en vía administrativa ou xudicial.

A diferenza do procedemento por solicitude de devolución de ingresos indebidos no que a Axencia Tributaria deberá devolver o importe reclamado limitándose a comprobar que as facturas aportadas acreditativas do imposto soportado están correctas, no procedemento por responsabilidade patrimonial o reclamante ten que acreditar que a existencia de dito imposto declarado ilegal lle ocasionou un dano real, isto é, que tivo que soportar dito custo, polo que é necesario acreditar que se efectuou o pagamento das facturas. Se ben non é un procedemento tan fiable no que se poida garantir o éxito, xuridicamente existen fundadas posibilidades de gañar.

En primeiro lugar presentarase a reclamación ante o Consello de Ministros, quen case con toda seguridade o desestimará, e a continuación presentarase recurso directamente ante o Tribunal Supremo. Por conseguinte, o reclamante terá que soportar os custos xudiciais derivados (incluído procurador e taxas xudiciais).

O prazo para a presentación desta reclamación é de 1 ano desde que o Tribunal de Xustiza da UE ditou a súa Sentenza, isto é, a data límite sería o 27 de febreiro de 2015. Sen embargo, dado que en APETAMCOR teremos que acometer un importante traballo de preparación da documentación necesaria de cada transportista reclamante (procesamento de facturas de carburante e xustificantes de pagamento, escaneado e desglose de consumos clasificados por Comunidades Autónomas e anos) para logo remitir ao despacho EY para proceder á presentación de dita reclamación, acordamos establecer como data límite o luns 22 de decembro para que aqueles transportistas que desexen formular dita reclamación nos acheguen á asociación a seguinte documentación:

  • Facturas por carburante desgrapadas e ordenadas por provedor e data.
  • Xustificantes dos medios de pagamento utilizados para o pagamento de ditas facturas ou no seu defecto certificado do provedor do carburante no que conste que as facturas foron abonadas.
  • Fotocopia do DNI en caso de autónomo e, en caso de sociedade, escrituras con poder de representación, CIF e DNI do representante legal (en caso de que non se tivera achegado xa)
  • Poder notarial, en caso de que non se tivera formalizado no presente ano 2014.

 

CUSTOS DA RECLAMACIÓN E CONTRATACIÓN SERVIZOS EY

Deberase consultar previamente en APETAMCOR o custo dos honorarios de tramitación da reclamación e asinar folla de contratación de servizos xurídicos.

 

CONTÍAS DO IVMDH NO GASÓLEO-A DE 2002 A 2013

(En céntimos de euro/litro)

A contía da devolución calcúlase facilmente en cada caso multiplicando o nº de litros repostados polo valor do IVMDH no ano en cuestión, na Comunidade Autónoma correspondente, cuxo valor é a suma do tramo estatal (sempre 2,4 céntimos de euro en litro) máis o autonómico en vigor na Comunidade Autónoma de situación da estación de servizo.

 

PARA AMPLIAR INFORMACIÓN

Contactar con APETAMCOR nos enderezos e/ou teléfonos coñecidos da nosa asociación:

Sede APETAMCOR-OURENSE

  • Rúa 7B Polígono Industrial San Cibrao das Viñas – 32901 SAN CIBRAO DAS VIÑAS (OURENSE)
  • Tlf.: (+34) 988 254 200 / Fax: (+34) 988 384 889
  • E-mail: comunicacion@apetamcor.com

 

 

Sede APETAMCOR-A CORUÑA

  • Costa de San Marcos, 3-baixo – 15820 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)
  • Tlf./Fax: (+34) 981 574 922

 

Sede APETAMCOR-PONTEVEDRA

  • Polígono Ind. A Granxa. Edificio de Servizos (Parc. 256) – 36475 O PORRIÑO (PONTEVEDRA)
  • Tlf./Fax: (+34) 986 342 233

 

Sede APETAMCOR-LUGO

  • Polígono O Ceao. Rúa das Cesteiras, parc. 9.3 – Centro de Formación do Transporte , 1º andar.
  • Tlf./Fax: (+34) 982 256 109