Podes recoller a AXENDA DO TRANSPORTISTA 2014 en Apetamcor

Xa podes recoller en calquera das nosas sedes a AXENDA DO TRANSPORTISTA 2014 que edita APETAMCOR. Como sabes, a nosa axenda é unha ferramenta de traballo moi utilizada polos profesionais do noso sector durante todo o ano coa cal realizan todo tipo de anotacións, eventos, recados, ordes ou indicacións de carga, datos de clientes, teléfonos, etc.

Coa AXENDA DO TRANSPORTISTA 2014 alcánzase a 4ª edición dunha publicación xa consolidada no sector, que ademais dos contidos xenéricos propios de calquera axenda, incluirá un compendio actualizado de información útil para o transportista (datas relevantes, guía de estacións de servizo con máximo desconto, información básica de sancións, tacógrafo e tempos de condución, documento de control, ADR 2013, paralizacións, masas e dimensións de vehículos, etc.).

Apetamcor quere aproveitar para agraceder publicamente ás casas comerciais que veñen colaborando con nós para facer posible esta axenda:

      • COMERCIAL RAFAEL – DAF
      • REPSOL-SOLRED
      • CEPSA
      • TALLERES LOUZÁN
      • WTRANSNET
      • DEREIMPORT
      • RESSA
      • AS24