PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA FORMADORES EN ADR – LUGO

APETAMCOR organiza na súa sede de Lugo un programa para a formación integral de novos formadores en Mercadorías Perigosas-ADR en só 2 meses, que se compón de 2 cursos diferenciados:

  • ESPECIALISTA EN EXTINCIÓN DE INCENDIOS. Inicio: 21-Maio. Duración: 40 horas. Horarios: Xoves, venres e sábados.
  • FORMADOR EN MERCADORÍAS PERIGOSAS. Inicio: 29-Maio. Duración: 210 horas. Horarios: Xoves, venres e sábados.

O nº de prazas que permite este plan formativo é limitado e a inscrición realízase por estrita orde de entrada. En ambos casos, o prazo remata o 23 de abril.

Nota: Para a poder realizar o curso de Formador en Mercadorías Perigosas homologado pola DGT é necesario estar en posesión do permiso ADR Básico + Cisternas na data de inicio do curso, formación que poderán cursar gratuitamente tamén en APETAMCOR a partir do 24 de abril aqueles/as que previamente se matriculen no curso de Formador que carezan previamente do permiso ADR.

Os/as interesados/as nesta formación integral para novos formadores en ADR poderán bonificar a través dos seguros sociais da empresa o custo dos cursos de FORMADOR e de EXTINCIÓN.

Para formalizar a inscrición:

  • Tlf.: 982256109
  • E-mail: lugo@apetamcor.com
  • Enderezo: Rúa Cesteiras, parc. 9.3 (Centro de Formación) – Polígono O Ceao. LUGO.