Prohibicións á circulación en Italia polas nevaradas

Infórmase aos transportistas que circulan ou teñen pensado circular por Italia estes días que se prohibiu a circulación con vehículos pesados nas rexións italianas de Piamonte, Liguria, Lombardía, Veneto, Trentino Alto Adige, Toscana, Emilia Romagna, Marche e Umbría (practicamente toda a parte centro-norte e norte de Italia) debido ás duras condicións meteorolóxicas.

En todo caso, indícannos que existen puntos de aparcamento habilitados.

A medida levantarase en canto se normalice a situación meteorolóxica.