PRÓXIMOS CURSOS PARA FORMADORES EN ADR E EXTINCIÓN DE INCENDIOS NO PORRIÑO

Todos/as aqueles/as que desexen alcanzar a cualificación integral como novos formadores en Mercadorías Perigosas-ADR en tan so 2 meses, teñen a posibilidade de inscribirse no programa formativo que vai desenvolver APETAMCOR, que se compón de 2 cursos diferenciados:

 

*ESPECIALISTA EN EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Inicio: 15-Abril.

Duración: 40 horas.

Horarios: Xoves, venres e sábados.

 

*FORMADOR EN MERCADORÍAS PERIGOSAS

  • Inicio: 22-Abril.
  • Posibilidade de obter a dobre titulación: ESPECIALISTA CAP + FORMADOR ADR -Homolgación DGT.
  • Duración: 210 horas.
  • Horarios: Xoves, venres e sábados.

 

Ambas accións formativas desenvolveranse na sede de APETAMCOR no Polígono da Granxa do Porriño.

 

O nº de prazas que permite este plan formativo é limitado e a inscrición realízase por estrita orde de entrada. En ambos casos, o prazo de inscrición remata o 22 de marzo.

Nota: Para poder realizar o curso de Formador en Mercadorías Perigosas homologado pola DGT é necesario estar en posesión do permiso ADR Básico + Cisternas na data de inicio do curso, formación que poderán cursar gratuitamente tamén en APETAMCOR a partir do 22 de marzo aqueles/as que previamente se matriculen no curso de Formador que carezan previamente do permiso ADR.

Os/as interesados/as nesta formación integral para novos formadores en ADR poderán bonificar a través dos seguros sociais da empresa o custo dos cursos de FORMADOR e de EXTINCIÓN.

Para formalizar a inscrición:

  • Tlf.: 986342233
  • E-mail: area.vigo@apetamcor.com
  • Enderezo: Polígono A Granxa, Edif. Servizos Loxísticos (parc. 210) – 1º andar. O PORRIÑO.