Recórdase a obriga de actualizar a hora local do tacógrafo dixital

Desde o Dpto. de Informática e Tacógrafo de Apetamcor, recórdase a obrigatoriedade de ter actualizada a HORA LOCAL do tacógrafo dixital, ata o punto de que a contía económica da sanción pola infracción de circular coa hora local incorrecta no tacógrafo dixital está establecida en 1.501 €. Como sabes, na noite do sábado ao domingo deuse para adiante 1 hora no reloxio.

Descarga aquí o procedemento a seguir para actualizar a hora local no tacógrafo dixital, para os casos de tacógrafo VDO e Stoneridge.