Asesoría fiscal e laboral

Un departamento con gran experiencia no sector do transporte que ofrece asesoramento específico en materia fiscal, contable e financeira. Estuda as características da súa empresa, e oriéntalle sobre o réxime fiscal máis vantaxoso para vostede á hora de tributar:

Persoas Fisicas:

  • Réxime de estimacion obxectiva (módulos).
  • Réxime de estimacion directa.

Personas xuridicas:

  • Réximen Xeral.

Infórmalle e axúdalle a obter os créditos e subvencións específicos para o sector de distintos organismos, por exemplo en canto a renovación de frota (Xunta, ICO, Ministerio de Fomento, IGAPE…). E ofrécelle todos os servizos para unha perfecta xestión da súa empresa e cobertura de todas as obrigacións tributarias:

  • Libros Contables: rexistro de facturas recibidas e emitidas, e Libros de bens de investimento.
  • Elaboración e presentación dos libros contables no Rexistro Mercantil así como a Inscrición de Contas Anuais.
  • Tramitación e liquidación trimestral e anual e IVE e IRPF.
  • Declaración da renda.
  • Liquidación do imposto de sociedades.
  • Recuperación do IVE internacional.
  • Representación ante AEAT en caso de requirimento ou inspeccións tributarias.

APETAMCOR tamén conta cun departamento laboral de gran experiencia no que lle xestionamos aos nosos socios, entre outras, as seguintes materias:

  • Altas e baixas de traballadores na Seguridade Social.
  • Contratos laborais.
  • Nóminas.
  • Seguridade Social.
  • Subvencións á Contratación.
  • Partes de Accidente.
  • Modelos de Facenda de IRPF – Seguro de Convenio.
  • Prevención de Riscos Laborais: Convenio con empresas especializadas e ofertas para os nosos socios.

Servizo de colocación: Dispomos dunha base de datos de choferes para todos os empresarios. Un servizo totalmente gratuíto.