Conselleiro de seguridade

Unha das obrigacións das empresas que realicen transporte ou operacións de carga ou descarga con mercadorías perigosas, segundo o establecido na Disposición Final Primeira do Real Decreto 551/2006 de 5 de maio, polo que se regula as operacións de transporte de mercadorías perigosas por estrada, é a remisión, á comunidade autónoma onde se atope radicada a sede social da empresa, dun informe anual elaborado conforme ao establecido na Orde FOM/2924/2006, de 19 de setembro, pola que se regula o contido mínimo do informe anual para o transporte de mercadorías por estrada, por ferrocarril e por vía navegable.

  • Facilitámoslles e simplificámoslles os trámites administrativos aos nosos asociados no cumprimento da antedita obriga, elaborando os pertinentes informes.
  • Impartimos a formación preparatoria do título de Conselleiro de Seguridade.
  • Mercadorías perigosas: ademais este departamento encargase da tramitación e asesoramento en todo aquelo relacionado co transporte de mercadorías perigosas e o A.D.R.