Novas tecnoloxías

Nas empresas do sector existe unha gran brecha entre as grandes empresas onde o grado de implantación e uso dos coñecidos como “sistemas de transporte intelixente, ITS” (GPS, softwares de xestión de flotas, descarga remota do tacógrafo dixital,…) é moi elevado e as pequenas empresas de transporte, que polas súas características, a implantación se podería afirmar que é inexistente (non só o uso dos ITS se non que tamén doutras ferramentas fundamentais hoxe en día como o e-mail).O mercado e a sociedade actual impoñen aos poucos introducir as novas tecnoloxías na nosa vida cotiá. A innovación tecnolóxica ofrece tamén para o sector do transporte ferramentas de traballo con multiples vantaxes.

APETAMCOR avanza tamén neste campo e ofrece, entre outros servizos:

  • A protección de datos persoais, segundo regúlase na Lei Orgánica 15/99 do 13 de decembro (BOE 14/12/1999).
  • Asesoramento xeral e personalizado sobre calquera cuestión informática da súa empresa, e de implantación de ferramentas de carácter tecnolóxico para mellorar o rendementos da súa empresa.
  • Formación e seguimento na implantación do Tacógrafo Dixital, unha importante transformación no modo de traballo do transportista e nas súas obrigacións legais.
  • Confección de páxinas WEB.

Todo isto enmárcase no seo dunha filosofía de traballo na que APETAMCOR, como asociación profesional que engloba maioritariamente a autónomos e pequenas e medianas empresas, pretende xogar un papel de nexo de unión das pequenas empresas, para que conxuntamente desenvolvan proxectos específicos que lles permitan en cada momento dar solucións concretas ás necesidades propias das empresas de transporte co obxectivo de competir en igualdade de condicións no mercado