SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES DESEMPREGADOS POLAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Este programa enmarcase dentro do Programa Operativo de Empleo Xuvenil, cofinaciado por a Iniciativa de empleo xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nun porcentaxe do 91,89%.

ESTUDO, EDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA SAÚDE BUCODENTAL DOS CONDUTORES PROFESIONAIS

A nosa entidade dedícase á prestación de servizos de todo tipo ás empresas do sector de transporte de mercadorías por estrada.  Entre outros  ten en funcionamento un servizo mancomunado de prevención de riscos laborais, dentro do cal a través das clínicas asociadas coas que a nosa entidade ten un convenio se lle pasa o recoñecemento médico aos condutores profesionais, que certifica que son aptos para desenvolver a súa profesión. Porén, neste tipo de recoñecementos médicos, non se presta atención á saúde bucodental dos mesmos, xa que por partes das clínicas non se considera relevante á hora de emitir os pertinentes informes médicos. O obxectivo deste programa que queremos implentar é paliar esta carencia, e prestar un servizo completo aos nosos asociados, para mellorar as condicións de saúde dos seus empregados, e mesmo dos autónomos que forman parte da nosa asociación.

O proxecto consta de tres partes complementarias: Unha da elaboración dun estudo sobre a situación da saúde bucodental dos condutores profesionais, vanse dar unhas pautas individualizadas a cada un dos condutores obxecto deste estudo, e a elaboración e divulgación dunha guía de boas prácticas bucodentais.

Elaboración dun estudo sobre a situación da saúde bucodental dos condutores profesionais.

A nosa asociación conta con máis de 1000 pequenas e medianas empresas asociadas dedicadas ao transporte nacional e internacional de mercadorías, que van desde pequenos autónomos que non teñen ningún traballador por conta allea contratado, até aquelas que realizan transporte internacional de mercadorías que contan con máis de 90 condutores entre o persoal da empresa.

O obxectivo é realizar unha entrevista personalizada a cada un dos condutores sobre hábitos hixiénicos e doutro tipo relacionados coa saúde bucodental, así como coñecer as principais doenzas sofridas por estes ao longo destes anos, e plasmar todo isto nun estudo. Esta entrevista vaise desenvolver por un técnico superior en hixiene bucodental, que tendo o seu posto de traballo na nosa sede de San Cibrao das Viñas se desprazaría a cada unha das catro sedes para realizar as distintas entrevistas concertadas.

Así mesmo, vaise desenvolver unha aplicación informática para sistematizar toda a información recabada e facilitar a obtención dos datos estatísticos para extraer as conclusións e a elaboración do informe final.

Atención individualizada e resposta a dúbidas

Aproveitando a entrevista individualizada aos condutores profesionais vánselles dar pautas personalizadas a cada un deles para mellorar a súa saúde bucodental e a súa hixiene. Así mesmo, vaise responder ás distintas cuestións e dúbidas expostas por estes durante as entrevistas, mesmo, en función dos síntomas que estes teñan derivalos até o SERGAS ou un dentistas especialista para atallar calquera enfermidade que se poida detectar.

Divulgación e elaboración dunha guía de prácticas bucodentais

Na anterior edición deste programa elaborouse unha guía de boas prácticas bucodentais, esta vai ser divulgada nos vindeiros meses. Así mesmo, co obxectivo de aproveitar os resultados da enquisa do ano pasado e as que teñan lugar este, e conxugando todo isto coa experiencia das entrevistas e atencións realizadas de forma individualizada aos condutores profesionais, vaise facer unha nova edición desta guía.

Van ter lugar unhas xornadas de sensibilización sobre a prevención de riscos laborais e a saúde dos condutores no sector do transporte, onde se vai dar un tratamento específico á saúde bucodental dos mesmos, e as consecuencias que teñen para as empresas de transportes, as deficiencias detectadas neste ámbito.