Información para o visado das autorizacións en 2016

Como é norma todos os anos pares, en 2016 tamén se procederá ao visado das autorizacións de transporte público, conforme os seguintes prazos:

          • XANEIRO: Aquelas empresas cuxo último Nº do NIF/CIF remate en 1
          • FEBREIRO: Aquelas empresas cuxo último Nº do NIF/CIF remate en 2
          • MARZO: Aquelas empresas cuxo último Nº do NIF/CIF remate en 3
          • ABRIL: Aquelas empresas cuxo último Nº do NIF/CIF remate en 4
          • MAIO: Aquelas empresas cuxo último Nº do NIF/CIF remate en 5
          • XUÑO: Aquelas empresas cuxo último Nº do NIF/CIF remate en 6
          • XULLO: Aquelas empresas cuxo último Nº do NIF/CIF remate en 7
          • AGOSTO: Sen visados.
          • SETEMBRO: Aquelas empresas cuxo último Nº do NIF/CIF remate en 8
          • OUTUBRO: Aquelas empresas cuxo último Nº do NIF/CIF remate en 9
          • NOVEMBRO: Aquelas empresas cuxo último Nº do NIF/CIF remate en 0
          • DECEMBRO: Sen visados.

XESTIÓN DO VISADO EN APETAMCOR

 

O noso Dpto. de Tramitacións Administrativas xa está a disposición de todos os asociados en calquera das nosas sedes para a xestión do visado do presente ano.

 

A documentación que deberán achegar a Apetamcor (excepto aquela que xa obra en poder da asociación) é a seguinte:

 

(Nota previa: Ter en conta as indicacións específicas dalgún Servizo Provincial de Mobilidade)

 

1. Fotocopia do NIF ou CIF da empresa, segundo sexa autónomo ou sociedade.

 

2. Fotocopia do/s permiso/s de circulación do/s vehículos/s.

 

3. Fotocopia da/s Ficha/s de Inspección Técnica coas revisións ao día.

 

4. Fotocopia das tarxetas de transporte antigas: tarxeta de empresa + tarxeta/s do/s vehículo/s.

 

5. Acreditación da capacidade económica:

 

5.1. En caso de autónomo: certificado orixinal do banco  asinado polo director ou interventor da entidade. (Descargar aquí modelo)

 

5.2. En caso de sociedade:

          • A Coruña, Pontevedra e Lugo: Imposto de Sociedades (modelo 200).
          • Ourense: Imposto de Sociedades (modelo 200), xunto con escrito asinado polo administrador da empresa facendo constar o capital social que ten máis as reservas (modelo en Apetamcor)

6. Acreditación da capacitación profesional:

          • A Coruña, Pontevedra e Lugo: Fotocopia do NIF de quen aporta o título de Xestor de Transporte (Capacitado) + Poder de representación + 12 últimos TC2 en caso de ter contratado ao xestor.
          • Ourense: Fotocopia do NIF de quen aporta o título de Xestor de Transporte (Capacitado) + Escrito de declaración de vixencia do Xestor.

7. Resumo anual do IVE (modelo 390) ou IAE.

 

8. Establecemento efectivo da empresa:

          • A Coruña, Pontevedra e Lugo: achegar escrito de autorización de entrada en domicilio (sen necesidade de sinatura con recoñecemento bancario).
          • Ourense: só en caso de cambio de domicilio da empresa, achegar dito escrito asinado con recoñecemento bancario. (Descargar aquí modelo)

Nota: Se a empresa só conta con vehículos de MMA non superior a 3.500 kg, non serán necesarios os puntos 5 e 6.