XORNADA “ESTIBA, FIXACIÓN E SUXEICIÓN DA MERCADORÍA”: O PORRIÑO, 24-OUTUBRO

O sábado 24 de outubro terá lugar na sede de APETAMCOR en O Porriño unha Xornada Formativa de grande utilidade para os profesionais do transporte, baixo o título de “Estiba, fixación e suxeición das mercadorías“.

Esta xornada servirá para abordar todas aquelas problemáticas e incidencias derivadas do amarre e suxeición das mercadorías, así como o cumprimento das directrices que a nivel europeo existen na materia para cada tipoloxía de carga e de transporte. Por tanto, é de especial interese para aqueles transportistas que realizan transportes internacionais, particularmente aqueles que circulan por Alemaña, verbo das especiais esixencias que este país ten adoptado.

Participará como ponente Giancarlo Terrassan, especialista en transporte formado en Alemaña e director da revista de transporte “Jornal Strada“.

A acción formativa desenvolverase de 10:00 a 18:00 horas, dispondo dunha paréntese dunha hora para xantar. Na sesión da mañá celebrarase a sesión teórica e na da tarde realizarase unha simulación práctica en camión.

Esta acción formativa, subvencionada pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia a FEGATRANS-APETAMCOR, é totalmente gratuíta, previa inscrición, dado que o número de prazas é limitado.

Os/as interesados/as poden inscribirse en:

  • Tlf.: 986342233
  • Correo-e: prevencion@apetamcor.com
  • Enderezo: Polígono A Granxa Edificio de Servizos Loxísticos (parc. 210), 1º  -O Porriño.