XORNADA FORMATIVA “O NOVO MEGACAMIÓN”: O PORRIÑO, 3 XUÑO

APETAMCOR organiza unha interesantísima xornada formativa dirixida aos profesionais do sector do transporte sobre un tema de máxima actualidade hoxe no sector como é a introdución en España dos novos conxuntos de vehículos de transporte en configuración euromodular, isto é, os coloquialmente denominados megacamións.

A tal efecto, contarase coa participación especial como ponente dunha das persoas que máis sabe e máis ten traballado tecnicamente o proceso de implantación do megacamión: Julio Viartola, Secretario Xeral de ASFARES (Asociación Española de Fabricantes de Remolques, Semirremolques, Cisternas e Vehículos Análogos). Tamén tomará parte na xornada Camilo González, enxeñeiro e especialista en permisos especiais de APETAMCOR.

A acción formativa desenvolverase no centro de formación da asociación  sito no Polígono da Granxa (O Porriño) o vindeiro venres 3 de xuño a partir das 16:00h.

A asistencia á xornada é totalmente gratuíta previa inscrición (límite inscrición: 31 maio).

Máis información e inscricións en APETAMCOR-Pontevedra:

  • Tlf.: 986342233
  • Polígono da Granxa. Edificio de Servizos Loxísticos, 1º andar (O Porriño).