XORNADA TÉCNICA “TACÓGRAFO E TEMPOS DE CONDUCIÓN E DESCANSO”. LUGO, 10-MAIO

O sábado 10 de maio terá lugar en Lugo unha Xornada Técnica “Tacógrafo e Tempos de Condución e Descanso” de grande interese organizada por APETAMCOR-Lugo, que se desenvolverá a partir das 9:30 horas na Terminal das Mercadorías do Polígono do Ceao de Lugo.

A asistencia á xornada é gratuíta (previa inscrición) e está dirixida a transportistas, condutores profesionais, xefes de tráfico e demais profesionais do transporte de mercadorías que desexen mellorar o seu grao de coñecemento na materia, e nela abordaranse as últimas novidades normativas que son de aplicación, as problemáticas e solucións para a descarga e xestión dos datos do tacógrafo dixital, os cambios no réxime sanciador entrados en vigor tras a aprobación da modificación da Lei de Transportes, así como tamén a resolución tanto de exemplos prácticos como dos supostos plantexados directamente polos asistentes.

Intervirán nesta xornada as seguintes persoas, todos eles técnicos da asociación:

  • ROBERTO PENEDO. Infomático. Especialista en Tacógrafo Dixital.
  • ALBERTO VILA. Enxeñeiro. Coordinador Xeral de Apetamcor.
  • SONIA GIL. Avogada. Asesora Xurídica de Apetamcor.

Para formalizar a inscrición, contactar con APETAMCOR-Lugo no tlf. 982256109, no correo-e lugo@apetamcor.com, ou ben dirixirse directamente á nosa sede sita na Terminal de Mercadorías do Polígono do Ceao de Lugo.