XORNADA TÉCNICA “TACÓGRAFO E TEMPOS DE CONDUCIÓN E DESCANSO”. VILALBA, 7-XUÑO

O sábado 7 de xuño terá lugar na vila lucense de Vilalba (Terra Chá) unha Xornada Técnica “Tacógrafo e Tempos de Condución e Descanso” de grande interese organizada por APETAMCOR-Lugo, que se desenvolverá a partir das 9:30 horas na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Sete Pontes de Vilalba (sita na rúa do Castiñeiro, nº E1).

A asistencia á xornada é gratuíta (previa inscrición) e está dirixida a transportistas, condutores profesionais, xefes de tráfico e demais profesionais do transporte de mercadorías que desexen mellorar o seu grao de coñecemento na materia, e nela abordaranse as últimas novidades normativas que son de aplicación, as problemáticas e solucións para a descarga e xestión dos datos do tacógrafo dixital, os cambios no réxime sanciador entrados en vigor tras a aprobación da modificación da Lei de Transportes, así como tamén a resolución tanto de exemplos prácticos como dos supostos plantexados directamente polos asistentes.

Intervirán nesta xornada as seguintes persoas, todos eles técnicos da asociación:

  • ROBERTO PENEDO. Infomático. Especialista en Tacógrafo Dixital.
  • ALBERTO VILA. Enxeñeiro. Coordinador Xeral de Apetamcor.
  • SONIA GIL. Avogada. Asesora Xurídica de Apetamcor.

Para formalizar a inscrición, contactar con APETAMCOR-Lugo no tlf. 982256109, no correo-e lugo@apetamcor.com, ou ben dirixirse directamente á nosa sede sita na Terminal de Mercadorías do Polígono do Ceao de Lugo. Alternativamente, tamén se poden inscribir nas dependencias da Asociación de Empresarios de Vilalba, que colabora na organización da xornada.