XORNADAS “ESTIBA E SUXEICIÓN DAS MERCADORÍAS”. OURENSE, LUGO, PORRIÑO, SANTIAGO

APETAMCOR organiza este mes de outubro un ciclo de xornadas formativas nas súas sedes en Galicia que entendemos serán de grande utilidade para os profesionais do transporte, baixo o título de “Estiba, fixación e suxeición das mercadorías“, que servirán para abordar todas aquelas problemáticas e incidencias derivadas do amarre e suxeición das mercadorías, así como o cumprimento das directrices que a nivel europeo existen na materia para cada tipoloxía de carga e de transporte. Por tanto, son de especial interese para aqueles transportistas que realizan transportes internacionais, particularmente aqueles que circulan por Alemaña, tendo en conta as especiais esixencias que este país ten adoptado.

Participará como ponente Giancarlo Terrassan, especialista en transporte formado en Alemaña e director da revista de transporte “Jornal Strada“.

O calendario de xornadas é o seguinte:

  • APETAMCOR – OURENSE: Venres 14 Outubro I 16:00 – 21:00 h.
  • APETAMCOR – LUGO: Sábado 15 Outubro I 9:00 – 14:00 h.
  • APETAMCOR – O PORRIÑO: Venres 21 Outubro I 16:00 – 21:00 h.
  • APETAMCOR – SANTIAGO: Sábado 22 Outubro I 9:00 – 14:00 h.

A asistencia a calquera destas xornadas é totalmente gratuíta, previa inscrición, dado que o número de prazas é limitado.

Os/as interesados/as poden inscribirse en:

  • Tlf.: 988254200 I 982256109 I 986342233 I 981574922
  • Correo-e: formacion@apetamcor.com